A Casa de Cultura de Mogor recupera a súa actividade para a veciñanza

Compartir
Instalación municipal. Fonte: Concello

Os Concelleiros Cristina Acuña e Pablo Novas visitaron a instalación municipal co Presidente da Asociación de Veciños de Mogor, e comprobaron o resultado dunha intervención na cuneta frontal ao edificio, que canalizará mellor a auga e supuxo a habilitación dunha pequena zona de aparcadoiro, que antes non estaba adecentada.

Tamén visitaron esta mañá a Casa de Cultura de Mogor, onde se reactivará a actividade despois das restricións que mantiveron pechadas as salas por mor da Covid19.

Ademais, acompañados polo presidente da Asociación de Veciños de Mogor, Jose
Rosales García, aproveitaron para comprobar como quedaron os traballos de mellora da cuneta fronte ao edificio. Unha actuación que, ademais de canalizar a auga, permitiu que se habilitase unha zona para aparcadoiro de varios coches, que antes tiñan moitas dificultades para estacionar nese espazo porque non estaba acondicionado.