28 septiembre, 2021
A pavimentación de camiños rurais avanza, coa finalización de Arealonga, Picotes, Os Tombos e Currás
Estas actuacións están enmarcadas nun plan que engloba a un total de 11 viarios rurais en distintos puntos do termo municipal
Xa se están a avanzar os traballos previos á pavimentación en San Blas (Aguete), Miñán, Silvestre-Troncosa, Fixón e Carballal
A mellora dos camiños rurais segue avanzando a bo ritmo, tal e como indicou esta mañá o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que anunciou a finalización da pavimentación de catro novos camiños, enmarcados no Plan de Pavimentación de Camiños Rurais deste 2021, que engloba 11 viais en distintos puntos do termo municipal.
Dous, Agrovello en Cividanes, xa se remataran en agosto e agora súmase a esa lista de camiños recén pavimentados Arealonga, Picotes, Os Tombos e Currás. Actualmente, estanse a realizar os traballos previos para iniciar a pavimentación en San Blas (Aguete), Miñán, Silvestre-Troncosa, Fixón e Carballal.
Novas calcula que nas próximas semanas avanzarase moito na pavimentación destes camiños que quedan e a continuación realizaranse os labores de reposición dos servizos afectados, recolocando as tapas e os sumidoiros e rematando as cunetas onde sexa preciso.
En total, o Concello inviste neste Plan de Pavimentación de Camiños Rurais máis de 180.000 euros, con cargo ao Plan Concellos 2021.
Alerta