A ocupación hoteleira de Vigo situouse nun 82,3% durante a ponte do Pilar

Compartir
Vigo. Fonte: Concello

Caballero cualificou de “moi boa” a ocupación hoteleira que rexistrou esta ponte na cidade, cunha media dun 82,3%. A este respecto, reiterou á Xunta a súa petición de aplicar na hostalería a mesma normativa covid, que está vixente en Madrid.

 

O alcalde deu conta esta mañá dunha ocupación hoteleira media dun 82,3% na ponte do Pilar, sendo o sábado o mellor día, cando algúns hoteis rozaron o 100%. Estes datos continúan na boa senda que viviu o turismo na cidade este verán, con medias de ocupación dun 71,83% en setembro, de case o 90%, en agosto e dun 81,45% no mes de xullo.

Respecto ás restricións impostas pola Xunta á hostalaría, o rexedor esixiu novamente ao goberno autonómico que deixe de “hostigar” ao sector, e aplique a mesma normativa que funciona noutros territorios como Madrid.