7 octubre, 2021
O Concello acaba de denunciar ante o Cuartel da Garda Civil da Cañiza o segundo atentado e sabotaxe á rede de abastecemento de augas de consumo do casco urbano ao atopar na noite de onte o tanque de cabeceira de Portoaugavella vacío e os fusibles dun dos pozos de barrena de aporte a este depósito arrancados. Este feito provocou a reducción da capacidade do tanque.
Ainda que as deficiencias da rede de abastecemento son un mal endémico dende hai 20 anos, o Concello leva xa meses traballando para dar a medio prazo unha solución definitiva a este problema.
Con todo, nos últimos días os veciños do casco urbán están sufrindo a falta de auga nas súas vivendas, sen que polo de agora se poida atopar a avería ou fuga de auga.
O pasado 21 de setembro o Alcalde asinou un Bando polo que solicitaba a colaboración cidadá achegando toda aquela información que poidera ser de axuda para solucionar calquera incidencia que afectara á rede de subministro de auga. Alentaba a que calquera usuario que tivera coñecemento de accións que poideran atentar ou afectar ao normal funcionamento da Rede de Abastecemento (fugas, roturas, rego indebido, etc) o fixeran saber ao Concello para poder actuar con urxencia.
O Alcalde recordou esta mañá que o dano ás conduccións de aguas, a distracción do curso das augas e o desabastecemento deste ben como produto de primeira necesidade está tipificado no código penal.