A Xunta aproveita o Xacobeo para impulsar o sector náutico na comunidade e o Camiño de Santiago por mar

Compartir

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou na inauguración dunha onda simbólica no peirao de Vigo coa que se quere promover a peregrinación por mar.

—    A titular de Mar subliña que a celebración do fito xacobeo tanto este ano como o próximo é unha oportunidade para os portos deportivos pois pode contribuír a que recuperen os niveis de actividade previos á alerta sanitaria polo coronavirus

—    O Executivo galego impulsa esta iniciativa simbólica co obxectivo de que o Camiño de Santiago por mar sexa máis coñecido e gañe adeptos no resto de España e de Europa

—    Algo máis dunha trintena de portos de titularidade autonómica e os portos de titularidade estatal da Coruña e Vigo contan xa co símbolo desta onda