Abel Caballero anuncia un Nadal “apoteósico” con 11 millóns de luces LED

Compartir

O rexedor acudiu ao inicio da instalación das luces de Nadal e anunciou novidades como a rampla de ski, máis árbores alumeados, un moneco de neve que medrou tres metros e unha ruta na APP Vigo para non perder detalle dos motivos do Nadal.

Hoxe comeza o Nadal en Vigo”, afirmou con rotundidade o alcalde na súa intervención no inicio da instalación das luces LED. Abel Caballero apuntou a un Nadal “apoteósico” con 11 millóns de luces LED en 350 rúas da cidade.

O rexedor anunciou novidades como unha rampla de ski, que súmase as dúas pistas de xeo, máis árbores alumeados, un moneco de neve “que medrou tres metros” e una nova ruta na APP Vigo para non perder detalle dos motivos do Nadal “que estarán por toda a cidade”.

Haberá 3.000 arcos de luz, a bola luminosa na Farola de Urzáiz, a caixa de regalo no cruce con Gran Vía, o árbol “máis alto do mundo”, volve tamén a noria e o mercadillo onde “haberá novidades máis adiante”, sinalou o alcalde.

A todo isto, Caballero vaticinou “máis sorpresas para toda a xente que veña a Vigo” e explicou que “non hai nada improvisado e hai anos de traballo detrás das festas de Nadal”. Tamén explicou que as luces de Nadal LED da cidade “consumen menos en tres meses de alumeado que un campo de fútbol de 30.000 espectadores na súa actividade ordinaria nun mes de xaneiro.”

“Quen queira ir ao ceo ten que vir ao Nadal de Vigo. Iso é incontestable”, dixo o alcalde e volveu retar a New York: “Vai quedar pequena ao noso lado. Dirano os millóns de persoas que veñan a Vigo”.

En canto as posibles restricións por mor da pandemia, Caballero apuntou a que todo o mundo estará vacinado en decembro e que si hai algún protocolo de actuación COVID-19 terase en conta.

O alcalde sinalou que “o Nadal forma parte da nosa cultura, a cultura de Occidente” e declarou Vigo “cidade da luz”.