18 septiembre, 2021
A aprendizaxe da lingua de signos aporta unha serie de vantaxes que melloran as habilidades comunicativas. Axúdannos non só a comunicarnos coas persoas xordas e xordo cegas senón tamén coa nosa familia, cos nosos amigos/as, e na nosa vida cotiá e profesional. A lingua de signos, cada vez máis, comeza a usarse alén da comunidade xorda, con persoas e nenos con diferentes capacidades, (down, autismo, parálises, etc.) xa que implica unha serie de vantaxes que melloran as habilidades comunicativas, a atención visual, a memoria, a fala , a psicomotricidade, a expresión xestual e corporal. O seu emprego amplía as posibilidades nas relacións interpersoais.
Dende a Concellaría de Mocidade retomamos a actividade ofertando o curso de formación en Lingua de Signos nivel A2, de 90 horas de duración , para dar continuidade a formación básica de nivel A1 que se rematou no mes de xuño.
Este curso está dirixido a mocidade maior de 16 anos e que queiran seguir formándose no eido da Lingua de Signos, potenciando e ampliando os coñecementos sobre a Comunidade Xorda e as persoas que pertencen a ela, ben por motivos laborais ou por interese persoal.
O curso será totalmente online cunha duración de 90 horas a través da plataforma SignoCampus. Será impartido pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia polo que os certificados son homologados.
O prazo inscrición estará aberto ata o 4 de outubro
Para poder acceder a este curso débese estar en posesión do certificado A1 homologado.
A solicitude de inscrición, pódese descargar directamente na web do Concello e presentala no Rexistro do Concello, (con cita previa), ou a través da sede electrónica do noso Concello.
Para poder levar a cabo o curso deberanse compretar un mínimo de 15 prazas.
O curso se impartirá dende o 18 de outubro do 2021 ao 24 de xaneiro do 2022.
O prezo da formación das 90 horas é de 120 € para a poboación xeral, e 90 € para os estudiantes e desempregados que deberán xustificar a situación.
Alerta