21 septiembre, 2021
Convencidos de que os nenos e nenas en idade escolar deben contar coa proximidade das artes, a cultura e a formación multidisciplinar como canle para o crecemento persoal e o desenvolvemento social, e o corpo docente con novas ferramentas e apoio para afrontar os actuais cambios no labor do ensino, o equipo da Área Educativa de Afundación, a Obra Social de ABANCA, deseñou unha programación de actividades educativas para o curso 2020-2021 con novas fórmulas de participación. Trátase dunha programación combinada, con propostas de perfil itinerante polas escolas, presencial nos centros de Afundación e virtual. Desta forma, os docentes e estudantes contarán coa posibilidade de asistir de forma presencial ás propostas expositivas desenvolvidas por Afundación, tamén poderán gozar en su propia aula, si así lo solicitan, de las actividades vinculadas al Aula STEAM, en las que la ciencia, la tecnología, la ingeniería, las artes, las matemáticas y la música (como novedad este año) serán las protagonistas de la oferta, siempre desde unha óptica baseada na sostibilidade: «Dj makey makey», «Os significados ocultos da cor e a forma», «Historia do deseño en Galicia a través da obra de Isaac Díaz Pardo. Exposición referente: As miradas de Isaac» (cun obradoiro de deseño en 3D), ademais dos obradoiros nos que se aborda tamén a arte das coleccións ABANCA e Afundación «De cando o pincel e o lapis se enfadaron e non quixeron compartir cadro», «Taller de electrónica e programación con microbit: Arte, robótica e creatividade» e «A arte das emocións», conforman a oferta desta sección.
No relativo á programación escolar presencial nos centros de Afundación vinculada ás mostras desenvolvidas pola Obra Social de ABANCA, neste primeiro trimestre diseñáronse propostas desde infantil ata público adulto para as exposicións de «Mirar de novo. A muller contra o tempo» (Centro Obra Social ABANCA Santiago de Compostela) e «Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán» (Sala de Exposicións Afundación Ourense).
Por outra parte, os contidos de educación financeira serán tamén parte das propostas extracurriculares que programa a Obra Social de ABANCA para os escolares e que nesta edición abordarán a xestión do diñeiro e dos riscos, así como dos recursos online e a cultura emprendedora.
No relativo á programación deseñada para o conxunto da comunidade educativa, que comprende as conferencias en torno ao ciclo «Educación século XXI», está previsto o seu inicio con «Manual de supervivencia en el aula», de Alicia Tojeiro, o 23 de setembro ás 19.00 h. A ela seguirana figuras tan relevantes deste ámbito como Javier Urra, Umar Ousman, Raquel Linares ou Rita Antón. Todas estas charlas terán lugar en Afundación TV.
Alerta