28 octubre, 2021
A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro vese na obriga de suspender a súa festa da recolleita e esfollada do millo, debido as inclemencias metorolóxicas previstas para esta fin de semana.
A nova data escollida por dita asociación é o vindeiro 7 de novembro. Esta festa terá lugar naárea recreativa do Muíño da Ponte, ubicada en Corzáns, Salvaterra de Miño.
Comenzarán amañá coa súa popular recollida do millo, acompañados polo grupo Naiama.
Durante a sesiónvermut o grupo Efémeras será o encargado de entreter ao público. Pola tarde, contarán con EvenTiño’s para animar aos máis cativos e con Sons das tabernas para os maiores. Para finalizar realizarase un gran magosto de balde para a todos os asistentes.
Ademais disto,poderase degustar diferentes variedades gastronómicas como callos, churrasco, polbo e diversos postos de comida e artesanía.
Dende a asociación convidan a todo o mundo a pasar un día de festa con eles.
Alerta