Batida de melloras e traballos de mantemento para as praias despois da época estival

Compartir
Mantemento praias. Fonte: Concello

Marín coida as xoias turísticas da súa vila, para facerlles un importante traballo de mantemento despois do verán, que é a época de maior uso das mesmas.

 

Os areais de Marín están a ser obxecto dunha importante batida de limpeza e mantemento, que é preciso levar a cabo despois da presión de usuarios que reciben durante a época do verán. Estes traballos estanse a levar a cabo por parte dos operarios da Fundación Juan XXIII.

 

Mantemento praias

 

Con este tipo de accións conséguense dous obxectivos. Por unha banda, manter en bo estado todos os servizos que se ofrecen nos areais e, por outra, incentivar a inserción laboral de persoas con discapacidade como as que forman parte da fundación.

 

Mantemento praias

 

Por outro lado, desde o Concello lembran que, cumprindo coa normativa, ata o día 30 de setembro, non poderán baixarse cans ás praias entre as 12.00 e as 20.00 horas. A partir do 1 de outubro, xa será posible acceder con eles a calquera hora.