Bolymar convoca unha palillada na Alameda Rosalía de Castro para o 3 de outubro

Compartir

Será de 10.30 a 14.00 horas e xuntará a persoas de distintos puntos apaixoadas desta técnica

A Asociación Bolymar de Marín recuperará o domingo 3 de outubro a súa tradicional Xuntaza de Laboreiras e de Palilleiras, que se celebrará ao aire libre, na Alameda Rosalía de Castro, de 10.30 a 14.00 horas.

Esta actividade foi presentada pola concelleira Itziar Álvarez, acompañada das organizadoras do evento Mónica Rodríguez e Conchi Veloso. Cada ano, este evento, que viu paralizada a súa celebración por mor da pandemia e que agora volve, é unha referencia para as e os amantes desta técnica, que veñen de distintos puntos de Galicia até a nosa vila para gozar dunha xornada común.