Cangas traballa no Programa Deportivo Escolar

Compartir
Xuntanza Anpas. Fonte: Concello

Nestas semanas a Concellaría de Deportes de Cangas está mantendo xuntanzas cos diferentes colectivos dos que depende a organización do Programa Deportivo Escolar

 

Se o pasado martes, día 24 de agosto, se mantivo unha xuntanza cos clubs deportivos, o mércores 1 de setembro o contacto foi coas Anpas dos centros escolares. O obxectivo da Concellería e poder xuntarse nos vindeiros días coas direccións dos centros educativos de Cangas, para facer unha valoración da situación actual da Covid e dos protocolos fixados dende a Xunta, para poder levar a cabo as actividades extraescolares.

O obxectivo e poder retomar o Programa Deportivo Escolar tan necesario nestas idades, e que viña afectando a un 33% da comunidade educativa de Cangas, en idade Infantil e de Primaria (1.000 participantes aprox.).

O mesmo tempo garantir uns protocolos de seguridade acordes coas necesidades fixadas dende as administracións (Xunta de Galicia), que transmitan seguridade os centros e familias.