Catoira acolleu a presentación do libro “La Mujer y la Mar”

Compartir

Esta mañá presentouse no Auditorio Municipal do Concello de Catoira o libro “La Mujer y la Mar”, o resultado dun fermoso proxecto no que se fusionan a fotografía, a paixón polo mar e a promoción da igualdade a través da visibilización das mulleres vinculadas a el dalgún xeito.

Laura Prego e Raimon Moreno son os autores desta publicación e das fotografías que durante unha década tomaron en diferentes lugares da costa, entre eles a Romaría Vikinga de Catoira.

Laura e Raimon fixeron un repaso a través das 16 historias e dos moitos momentos que compartiron con estas mulleres, boa parte delas galegas. Historias de dedicación, paixón e entrega desde moi diferentes perspectivas. Ademais, proxectáronse dous vídeos, un que resume o contido do libro, e outro editado especificamente con impactantes instantáneas da Romaría Vikinga.

O alcalde, Alberto García, foi agasallado cun exemplar da publicación.