18 octubre, 2021
O Concello de Ribadumia executou durante estes pasados meses un proceso de reordenación do rueiro municipal debido á ausencia de números debidamente asignados en moitas vivendas ou á desorde que existía en moitas rúas derivada da construción de novas vivendas.
Ademais de levar a cabo esta reordenación, púxose a disposición dos veciños un servizo de axuda para axilizar todos aqueles trámites de cambio de número no relativo a entidades públicas e privadas, servizo que xa se prestou nas parroquias de Leiro, Lois, Besomaño e parte de Ribadumia con moi boa aceptación por parte dos veciños.
Culminado o proceso administrativo de cambio de numeración das vivendas coa aprobación do INE, operarios municipais comezarán hoxe, martes 19 de outubro, coa colocación de placas subministradas polo Concello coa nova numeración na parroquia de Leiro, seguindo posteriormente coas demais.
Para a colocación das placas seguiranse as seguintes instrucións:
. É obrigatorio colocar as placas no límite da propiedade co dominio público, preferentemente nos peches e puntos de acceso á mesma e preto das caixas de correo.
. Naquelas propiedades que non teñan peche colocarase nas fachadas das vivendas.
. As placas colocaranse a unha altura mínima de 1,5 metros.
Alerta