Comenzan as obras de mellora e renovación do alumeado no Rural

Compartir
Concello de Salvaterra. Fonte: Concello

 

O Concello de Salvaterra ven de adxudicar por un importe de 39.966,43€, as obras de mellora e renovación do alumeado público exterior no Rural, que comezan esta semana

 

Despois de realizar as obras de mellora e renovación do alumeado no Centro Urbano, e Recinto Amurallado. O Concello segue traballando e investindo na mellora do seu alumeado público.

Con esta actuación cofinanciada a través da Vicepresidencia Primeira, e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través da subvención para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos, vinculados á prestación de servizos municipais para o ano 2021;  buscase mellorar a eficiencia enerxética das instalacións existentes, co cambio de luminarias e fontes de luz por outras máis eficientes. Para iso é necesario adecuar a infraestrutura eléctrica dos cuadros e facer unha ordenación das infrestruturas.

Esta actuación realizarase en varios núcleos rurais, levando a cabo a renovación de dous cuadros, e a sustitución de 104 brazos de aceiro galvanizado, co suministro e instalación de luminarias de diseño TIPO 2 con 23,5W.

Este Grupo de Goberno leva traballando na mellora e na eficiencia do alumeado público e ten solicitado e pendente de resolver, a través do Convenio coa Deputación de Pontevedra as axudas IDAE, para mellorar a eficiencia enerxética no abastecemento ETAP Casal e bombeo e a renovación das instalacións de alumeado, no Entorno do Polígono Industrial Chan da Ponte, no tramo entre a PO-400 e a PO-402 e na PO-403, plantexando unha substitución de máis de 370 puntos de luz.