Comeza o período de inscrición para ORIENTA-TEA 2021 en Mondariz

Compartir

Trátase dunha proba de orientación nocturna por equipos programada para o vindeiro 11 de setembro

Esta semana comezou o período de inscrición para ORIENTA-TEA 2021, unha proba de orientación nocturna para persoas maiores de 16 anos que se organiza no Concello de Mondariz desde 2016 con gran éxito de participación. Este ano está programada para o 11 de setembro, a partir das 21:00 horas. O punto de partida, a diferenza das pasadas edicións, será o Carballo de Armada, unha área recreativa situada arredor dunha árbore centenaria na entidade local menor de Queimadelos, a dous quilómetros do centro urbano de Mondariz.

Trátase dunha proba por equipos de entre 2 e 6 persoas que ten un custo de inscrición de 5 €/persoa. O prazo de inscrición estará aberto até o 8 de setembro, ás 14:00 horas, aínda que podería pecharse antes en función da demanda. Para máis información sobre esta actividade, hai que contactar coa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Mondariz a través de teléfono (680 964 461) ou correo electrónico (omix@mondariz.gal).