Cortes de tráfico en Oia por mor do paso de La Vuelta este sábado

Compartir

 

Este sábado, La Vuelta Ciclista a España percorrerá diversos puntos do concello de Oia. Procedentes de Tomiño, os corredores entrarán no municipio por Bonaval (EP-3101) e continuando por Burgueira cara a Loureza (EP-2202), Santa Comba e Mabia, para a continuación baixar cara a costa pola PO-3202 e percorrer as parroquias de Santa María de Oia -A Riña- (PO-552), Pedornes, Viladesuso e Mougás ata enlazar coa EP-2202 dirección Baiona.

 

Por mor do desenvolvemento desta competición deportiva, o Concello de Oia informa do seguinte itinerario oficial, horarios e cortes de tráfico:

ITINERARIO OIA CARAVANA 39KM/H 37 KM/H 35 KM/H
BONAVAL 13:51 14:59 15:09 15:20
BURGUEIRA 13:54 15:02 15:12 15:22
REFOXOS 13:57 15:05 15:15 15:25
LOUREZA 14:01 15:07 15:17 15:28
COMIENZA PUERTO 14:01 15:08 15:18 15:29
SANTA COMBA 14:04 15:12 15:22 15:33
MABIA 14:06 15:15 15:25 15:36
ALTO DE MABIA 14:11 15:18 15:28 15:40
COMIENZA PUERTO 14:28 15:32 15:44 15:56
ALTO DE MOUGÁS 14:44 15:47 15:59 16:13

 

Tendo en conta estes horarios, o tráfico en Oia verase afectado, en total, desde as 14.00 ata as 16.15 horas. En cada barrio dependerá do horario sinalado entre o paso da caravana publicitaria e o último corredor.

 

La Vuelta 2021

Na súa edición de 2021, La Vuelta celebrará este sábado a súa etapa número 20, na que percorrerá varios puntos da provincia de Pontevedra, entre os que se inclúe o concello de Oia. A etapa terá unha lonxitude total de 202,2 km; partindo de Sanxenxo e finalizando en Mos (Castro de Herville).