Empezan as obras de saneamento e bombeo no barrio de Enxembre, Fornelos

Compartir
Concello de Salvaterra. Fonte: Concello

Veñen de empezar as obras de saneamento e bombeo no barrio de Enxembre, na parroquia de Fornelos, por un importe de máis de 48.000,00€, financiadas a través dun convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e o Concello de Salvaterra de Miño.

As obras enmárcanse dentro do programa de ampliación e mellora da rede de saneamento municipal, levándose a cabo actuacións de limpeza, corte e demolicións de firme co fin de completar a rede de servizos no lugar de Enxembre, mediante a execución de 200 metros de tubería de PVC de 315mm de diámetro nominal, que desembocará nun pozo de bombeo, cuxa construción e posta en marcha están incluídas neste proxecto e a reposición das gabias.