O alcalde convoca para o xoves o Pleno de aprobación inicial do novo Plan Xeral

Compartir

Abel Caballero adiantou que sobre o 20 de setembro abrirase o prazo de exposición pública do novo planeamento e trasladou que o Concello habilitará un espazo onde a cidadanía poida consultar os detalles cos técnicos. “É un paso moi importante, porque é o urbanismo da modernidade, o urbanismo para a xente”, valorou.

Este luns o documentou foi novamente ratificado polo Consello da Xerencia municipal de Urbanismo cos votos favorables do goberno de Vigo e o xoves será debatido polo Pleno da Corporación, convocado por Caballero en sesión extraordinaria para as nove da mañá.

“É un paso moi importante, porque é o urbanismo da modernidade, o urbanismo para a xente”, asegurou o alcalde. Engadiu Caballero que “se acabaron en Vigo, desde que eu son alcalde, os pelotazos e o urbanismo da especulación”, xa que este novo PXOM “está pensado para a cidadanía, con vivenda protexida, zonas verdes, espazos deportivos, culturais, cidadáns e cívicos”

O alcalde avanzou que sobre o 20 de setembro, nunha data que se informará públicamente máis adiante, se abrirá o período de exposición pública e anunciou a apertura dun espazo onde a cidadanía poida obter dos técnicos a explicación para coñecer “como queda a súa rúa, a súa casa, a súa parcela” no novo PXOM vigués. En todo caso, tras ter falado “con moitas asociacións nos últimos meses”, Caballero constata “un gran apoio cidadá ao Plan”.