20 agosto, 2021
Desde o Concello de Mos infórmase de que xa se atopan esgotadas as entradas para o concerto de Xoel López con motivo de La Vuelta, que saían á venda onte, xoves 19 de agosto, ás 16.00 horas da tarde, e acabábanse en menos de catro horas, colgando o cartel de ‘sold out’ antes das 8 da tarde.
Os tickets para o concerto de Xoel López en Mos con motivo da etapa 20 de La Vuelta 21 Sanxenxo-Mos, que finalizará no Castro de Herville o vindeiro 4 de setembro, tiñan un prezo de 15 euros por persoa.
O espectáculo, que terá lugar no Campo de Fútbol das Baloutas o vindeiro 31 de agosto, martes, ás 20.30 horas, ten un aforo reducido por protocolo COVID, que non alcanza as 500 butacas. Ademais o evento contará con todas as medidas de prevención anti COVID-19 en vigor.
Concertos de La Vuelta 21
Ademais de Xoel López, o propio 4 de setembro, día da meta da etapa 20 de La Vuelta 21 en Mos, celebrarase outro concerto de altura no municipio. Será o que ofrecerá o emblemático grupo Milladoiro
Xacobeo 2021-2022
O Xacobeo 2021-2022 ofrece deste xeito 3 grandes concertos en Mos este verán, por un lado o de SÉS celebrado o 7 de agosto con motivo do Patrón local, San Mamede, e durante os próximos días o de Xoel López do 31 de agosto e Milladoiro, o 4 de setembro. Trátanse os 3 de grandes espectáculos subvencionados pola Xunta de Galicia.
É por elo que desde a administración municipal mosense agradécese neste senso enormemente o aopio da Xunta e do Xacobeo, que permite e fai posible esta gran programación musical en Mos. Sen o respaldo autonómico, estes tres grandes concertos non serían posibles, por iso é máxima a gratitude do Concello cara á Xunta de Galicia; pola colaboración para que Mos teña o Xacobeo e La Vuelta que merece.
Alerta