Este domingo 3 de outubro celébrase a 6º edición da Marcha Cicloturista “Clásica Alvaro Pino”

Compartir
Marcha Cicloturista. Fonte: Concello

A Cañiza acolle clase 30km do percorrido, dun total de 110, pasando polo alto de Moncelos, (Petan), Praza Maior, (avituallamento), Achas, Parada, Luneda, (alto de montaña), e A Franqueira.

 

A Marcha Cicloturista con saída e meta en Ponteareas dará comezo ás 9:00h. Participarán 400 ciclistas que percorrerán 110 quilómetros con 2.316 metros de desnivel, pasando por 7 concellos e 3 altos de montaña: Ponteareas, Mondariz Balneario, Mondariz, Covelo, As Neves , Salvaterra e A Cañiza. Entre os participantes atópanse nomes destacados do deporte como o propio Álvaro Pino, Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso e Borja Gómez.

 

Marcha Cicloturista. Fonte: Concello

 

No avituallamento, que terá lugar na Praza Maior da Cañiza, o Alcalde Luis Piña xunto con Alvaro Pino, entregarán aos participantes unha proba do xamón da Cañiza, o mellor abandeirado gastronómico do noso Concello.

 

Marcha Cicloturista. Fonte: Concello

 

O pasado 17 de xullo A Franqueira acolleu a presentación do Maillot Conmemorativo da Marcha.

Nesta ocasión o Alcalde da Cañiza tivo a honra de acompañar ao gran ex ciclista Alvaro Pino, ao Deputado de deportes Gorka Gómez, ao Concelleiro de Ponteareas Miguel Bouzó, e ao presidente da asociación organizadora Pedro Alfaro. A presentación tivo lugar no alto da Franqueira, un dos altos de montaña da proba deste domingo.