I Torneo de Xadrez do Concello de Oia o 25 de setembro

Compartir
Cartel Xadrez. Fonte: Concello

O próximo 25 de setembro desenvolverase a primeira edición do Torneo de Xadrez, unha competición na que poderán participar xogadores e xogadoras das categorías Sub-8, Sub-10, Sub-12, Sub-14 e adultos.

A cita terá lugar no adro da igrexa parroquial de Santa María de Oia en horario de tarde. Así, ás 15.30h procederase á comprobación das listas e ás 16.00h comezará o torneo. En caso de choiva, trasladarase ao CEIP Mestre Manuel García.

A competición está organizada polo club de xadrez Albatros e conta coa colaboración do Concello de Oia. As inscricións poden realizarse a través da web www.xadrezalbatros.com (as prazas están limitadas a un máximo de 100 xogadores).

Para máis información, a organización pon a disposición o número de teléfono 649.88.98.84 (Miguel).