Kase.O Jazz Magnetism e SonDaRúa, pratos fortes do SonRías Baixas 2021 este sábado 7 de agosto

Compartir
Son Rias Baixas. Óscar Corral

Unha das agrupacións con máis proxección do panorama musical galego, SonDaRúa, abrirá os concertos da penúltima xornada do ciclo ás 21.00h coa súa mestura de ironía, tradición oral galega e o hip hop máis reivindicativo

O mítico rapeiro Kase.O celebrará sobre as táboas do SonRías Baixas, desde as 22.15h, o décimo aniversario do seu proxecto en solitario Jazz Magnetism, un traballo no que o artista se mergulla no mundo do jazz e as súas interaccións co hip hop

Dous dos pratos fortes máis esperados do SonRías Baixas neste 2021 subiranse mañá sábado, 7 de agosto, ao escenario do Recinto Multiusos da Estacada de Bueu, no Morrazo. SonDaRúa abrirá a penúltima xornada de concertos do ciclo ás 21.00h. Pola súa banda, ás 22.15h, chegaá a queda de Kase.O Jazz Magnetism. Ambos concertos contan con todas as entradas esgotadas desde hai dous meses.

SonDaRúa | Sábado 7 de agosto, 21.00h

Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces, e That Bass como DJ, conforman unha das agrupacións con maior proxección do panorama galego. SonDaRúa bebe da ironía e da tradición oral galega para combinalas, con moito atino, co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política. Eterno Combate é o seu primeiro LP, e con el que aterran directos no SonRías Baixas para abrir e remover as mentes do público.

 

Kase.O | Sábado 7 de agosto, 22.15h

O mítico rapeiro Kase.O, fundador do grupo de hip-hop Violadores del Verso e considerado un dos mellores MCs do rap en español, celebra este 2021 o décimo aniversario do seu proxecto en solitario Jazz Magnetism, un traballo no que o artista se mergulla no mundo do jazz e as súas mesturas co hiphop. A revisión desta proposta estará sobre o escenario do SonRías Baixas o sábado 7 de agosto.

O cartel do SonRías

Kase.O, Sés, La M.O.D.A., La Pegatina, Travis Birds, Muerdo, TéCanela, Sabela, Iseo & Dodosound, Ciudad Jara, Tu Otra Bonita e SonDaRúa conforman o cartel deste SonRías Baixas 2021, no que o festival se adapta ao contexto sociosanitario e se transforma nun ciclo de concertos, con dous directos por xornada ateigados do espírito SonRías.

Na mañá, SonRías Baixas anunciou nas súas redes as últimas 20 entradas dispoñibles para o concerto de despedida desta edición, o domingo 8 de agosto, con Muerdo e La Pegatina. As entradas para este sábado 7, con SonDaRúa e Kase.O Jazz magnetism están esgotadas desde hai dous meses.

Protocolo covid-19
O ciclo, que cumpre en todo momento a normativa sociosanitaria vixente en Galicia, conta cun protocolo covid-19 propio coordinado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), o  que garante a seguridade do público durante a súa celebración. O Recinto Multiusos da Estacada está dividido en sectores, con equipamentos independentes en cada zona, e con percorridos sinalizados para facilitar o tránsito e garantir as distancias de seguridade. O recinto conta con tres zonas diferenciadas, en función do prezo e da distancia co Escenario Xacobeo 21-22; e cada unha delas está dividida, a súa vez, en sectores que contan con servizos independentes (aseos, barra, zona de recarga da pulseira cashless e punto de merchandising). Estes espazos teñen unha capacidade máxima de 500 persoas.

Os accesos ao recinto están regulados e debidamente indicados. As persoas con entrada xa recibiron nos seus correos electrónicos as indicacións pertinentes sobre como acceder as súas localidades, horarios recomendados e outros consellos, información que tamén se pode consultar no sitio web www.sonriasbaixas.info. Todo o recinto conta con sinalización específica e o persoal da organización é o responsable de indicar ao público o camiño ata os seus respectivos sectores; momento no que lle ofrecen a posibilidade de obter, gratuitamente, as pulseiras cashless, o único sistema de pago válido no interior do recinto. Durante o ciclo de concertos, o público pode recargar o seu saldo desde os seus dispositivos móbiles, mediante uns innovadores tótems distribuídos ao longo do recinto; ou nos puntos de recarga das pulseiras