15 septiembre, 2021
O Concello adquirirá o dispositivo antiatragantamento, para dótalos as tres escolas infantís e os cinco centros de educación primaria municipais.
Hoxe na escola infantil A Galiña Azul da Veigadaña , o Dr. Felipe Durán Romero, acompañado da Alcaldesa de Mos , Nidia Mª Arévalo, e as Concelleiras de Servizos Sociais e Educación, Sara Cebreiro e Julia Loureiro presentouse a Campaña para concienciar á poboación e a comunidade educativa sobre todo , da importancia dos atragantamentos, así como actuar ante eles, e mostraron o dispositivo como arma para evitalo.
O Concello adquirirá dito dispositivo para dotar as tres escolas infantis e os cinco centros de educación primaria municipais, previa organización dunha xornada informativa, dirixida ao personal que estes centros e as anpas designen, para recibir a información precisa para a súa utilización.
Alerta