Malvido (Marín), Fonte: Concello de Marín
11 septiembre, 2021
Renováronse todos os elementos e puxéronse 71 bombillas de tipo LED. Ademais, reforzouse a instalación con 18 novos puntos de luz.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e o Concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, achegáronse esta semana ao lugar de Malvido para comprobar a instalación do novo alumeado público exterior, unha actuación que supoxo a renovación total de todo o cableado, ademais da incorporación de 18 novos postes de apoio.
En total, substituíronse 71 luminarias por bombillas LED de baixo consumo, que redudarán nunha mellora do aforro enerxético e do coidado do medio ambiente.
Tamén é importante destacar que con este proxecto se conseguiu avanzar na mellora estética da infraestrutura luminaria, algo polo que tamén apostamos desde o Concello, loitando contra o deterioro e mellorando a integración paisaxística do alumeado.
A inversión total foi de 53.802,45 euros e o 70% desta contía (37.661,72 euros) foi aportada cunha subvención concedida pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia.
WhatsApp us