O Ballet Nacional Ruso ofrecerá en Vilagarcía unha segunda función de “O Lago dos cisnes” tras ter colgado o cartel de completo para a sesión inicialmente prevista para o día 22 de outubro ás 21.00 horas no Auditorio. As 370 entradas dispoñibles segundo os aforos da normativa covid esgotáronse unha semana despois de iniciarse á venta e á falta de un mes da celebración do espectáculo. Dado a boa acollida do público, a compañía de Sergei Radchenko decidiu ofrecer unha segunda función ás 17.00 horas do mesmo venres, 22 de outubro. As localidades, a 20 euros (máis custes de xestión), xa se poden adquirir en ataquilla.com e no teléfono 901 504 500. O aforo volve a ser de 370 butacas.
O prestixioso e recoñecido mundialmente Ballet Nacional Ruso está de xira por Europa e Estados Unidos celebrando o seu 30 aniversario, unha conmemoración que tivo que aprazar en 2019 debido á pandemia, e que agora regresa aos escenarios facendo esta dobre escala en Vilagarcía. A obra por excelencia do ballet clásico,”El Lago de los Cisnes”, con música de Tchaikovsky, libreto de Vladimir Beghitchev e Vasili Geletzer e coreografía de Marius Petipa, foi a elixida para esta importante data.
Na representación de “El Lago de los Cisnes” en Vilagarcía, o Ballet Nacional Ruso recupera a maxia e a espectacularidade características das súas postas en escena. Na función intervirán 40 bailaríns, encabezados nos papes principais por Maria Klueva, Nurlan Kinerbayev, Alexandra Krukova, Vladimir Tapkharov, Ekaterina Tokareva e Evgeniy Yerrmakou.
O Ballet Nacional Ruso naceu en 1989 da man de Sergei Radchenko, o que durante 25 anos fora Gran Solista da Compañía do Teatro Bolshoi e parella de baile da gran Maya Plesietskaya.