O ciclista do Vigo-Rías Baixas Benjamí Prades, campión de España Élite (sub23), recibido na Deputación.

Compartir

O xefe de filas do Vigo-Rías Baixas de ciclismo, Benjamí Prades, acompañado do presidente do club, José Luis Chamorro, ven de recibir o recoñecemento da Deputación na recepción ofrecida pola institución provincial á que asistiu a presidenta Carmela Silva, que destacou o paso adiante da “formación flúor” coa súa primeira medalla de ouro acadada no recente campeonato nacional de España celebrado o pasado día 15. Prades substitúe como campión Élite a Samuel Blanco, do Super Froiz, consolidando así a boa racha dos equipos da provincia.

Ademais, subliñouse que neste recente Campionato de España outro corredor do Vigo-Rías Baixas, Noel Martín, obtivo a medalla de prata na modalidade contra o reloxio e, a maiores, Ander del Castaño acadou un meritorio quinto posto. O club cumpriu coa tradición da entrega do maillot do campión de España á presidenta da Deputación, como principal entidade patrocinadora.