O Cine na rúa leva esta semana a Familia Addams a Trabanca Badiña, e ao coello Peter Rabbit a Sobradelo

Compartir
Cine na rúa. Fonte. Concello

As sesións programadas pola Concellería de Xuventude comezarán, en ámbolos dous casos ás 22 horas

 

A pantalla móbil do Cine na Rúa trasládase esta semana ata as parroquias de Trabanca Badiña e Sobradelo, para proxectar dúas divertidas películas aptas para o entretemento e para provocar as risas de públicos de todas as idades. A peculiar e sinistra Familia Addams, plantará o martes a súa mansión no Parque Doutor Carús de Trabanca, e o coello Peter Rabbit fará as súas travesuras o xoves, no campo da Festa de Sobradelo. As funcións comezan ás 22.00 horas e o acceso é libre e de balde.

 

A FAMILIA ADDAMS

A familia Addams volve á gran pantalla coa primeira comedia de animación sobre este arrepiante e excéntrico clan. Se pensabas que os teus veciños eran rariños, prepárate para coñecer a esta familia estrambótica e absolutamente inesquecible que che fará cambiar de parecer.

PETER RABBIT

Adaptación do conto clásico de Beatrix Potter dun coello rebelde, e en grao sumo revoltoso, que tenta facerse co control da horta dun granxeiro, para o cal non dubida en facer todo tipo de falcatruadas.