Cartel Cinemas Ocultos
21 septiembre, 2021
A aposta polo cinema Galego é o eixo fundamental da XVI Semana de Cine de Cangas.
Cinemas Ocultos, un ambicioso proxecto organizado polo Cineclub Cangas que programará quince obras durante oito días, exporá a mostra ‘Estética do cinema’, da artista Rosa Neutro, e presentará o libro da escritora Alba Pino, ‘Al menos no llueve’.
Cangas será desde finais de esta semana un dos focos do cinema Galego. As multipremiadas curtametraxes ‘Carne’ e ‘Homeless Home’, a película ‘9 fugas’, ou os documentais ‘Nación’ e ‘Donde acaba la memoria’, son algunhas das proxeccións que acollerá o Auditorio Municipal desde o 24 de setembro ata o 2 de outubro.
Cinemas Ocultos abrirá este venres con ‘Nación’, un documental dirixido por Margarita Ledo, que narra a loita obrera e vital das mulleres da fábrica de cerámica Pontesa, obra premiada no Festival de Cine de Sevilla no 2020 e cun Mestre Mateo no 2021. A sección documental tamén vai incluír ‘Negro Púrpura’, ‘Donde acaba la memoria’, ‘A poeta analfabeta’ e ‘A media voz’.
As dúas películas de ficción do programa son ‘9 fugas’, dirixida por Fon Cortizo, galardoada no Festival de Cine de Gijón 2020; e ‘Arima’, de Jaione Camborda, premiada no Festival de Cine de Sevilla.
A XVI Semana de Cine de Cangas tamén exhibirá catro películas de animación infantil (Mr. Link, A viaxe de Bu, Pipi e o señor sen sono, Fritzi-Un conto revolucionario), e adicaralle un día ao mundo das curtametraxes coa proxección de ‘Carne’, ‘Homeless Home’, ‘Os corpos’ e ‘Dores’.
A directiva do Cineclub Cangas resalta que nesta edición “na que o cinema galego vertebra toda a programación, a aposta tamén é ofrecerlle ao público a posibilidade de dialogar cos profesionais, que dirixen ou protagonizan os traballos, que compartirán experiencias cos asistentes para darlle un valor engadido a cada sesión”.
Alerta