O Club Balonmano Porriño xogará o Torneo Concello de Mos

Compartir
Esta fin de semana o Club Balonmano Porriño xogará o
Torneo Concello de Mos
Onte tivo lugar a presentación do Torneo Concello de Mos de Balonmán Feminino. Nela estiveron presentes Camilo Augusto, tenente alcalde do Concello de Mos; José Areal, concelleiro de
Deportes mosense; Abel Estévez, presidente do Club
Balonmano Porriño, e Sarai Samartín, xogadora do Conservas
Orbe Rubensa Bm Porriño, que ademáis é a capitana e veciña
mosense da parroquia de Tameiga.
O Torneo Concello de Mos terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro durante toda esta fin de semana. Así, o sábado, 21 de agosto, ás 19:00 horas dará comezo co enfrontamento entre o
Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño (División de Honra) e o
Rubensa Bm Porriño (División de Honra Prata).
O domingo ás 11:00 xogarase o segundo e último partido
entre o Conservas Orbe Rubensa Bm Porriño (División de
Honra) e o AD Carballal Balonmán (División de Honra Prata).
A entrada será gratuíta, pero é necesario a reserva previa de
entradas chamando ao número 666 493 089 ou na páxina
web do club (www.balonmanoporrino.com).