O Concello agasalla cunha placa conmemorativa a unha nova veciña centenaria

Compartir
Concello de Valga

Josefina Rodríguez Touceda, residente no Carballiño, cumpriu hai
uns días os cen anos de idade.

Con ela, Valga conta con catro persoas que superan o século de vida.

Valga conta dende hai uns días cunha nova veciña centenaria, Josefina Rodríguez Touceda, residente no Carballiño. O pasado 11 de setembro cumpriu 100 anos e , con ese motivo , recibiu a visita da Concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, que a felicitou en representación do Goberno Municipal e lle fixo entrega dunha placa conmemorativa coa lenda:  “O Concello de Valga a Josefina Rodríguez Touceda no día do seu 100 aniversario”.

Valga conta nestes momentos con catro veciños que superan o século de vida. A muller máis lonxeva é María Bouzas Senín , de Cerneira, que cumpriu en xullo 105 anos. Hipólito Cerqueiras Pardal, de Moldes, e Regina Grela Fernández, de Campaña, cumpriron os 101 tamén neste verán.