22 agosto, 2021
A ruta da Tapa da Anguía, que deu comezo onte, desenvólvese durante as fins de semana do 21 e 22 e 28 e 29 de agosto con sete locais de hostalería participantes:
– Bar Pardal: tosta de anguía á prancha con xelatina de tomate e aceite
– Pastelería Caprichos: hamburguesa de anguía con salsa criolla caramelizada
– Bar Maneiro: empanada e croquetas de anguía, con pementos de Padrón
– Bar Potel: anguía guisada con patacas e salsa cun toque de avelá e guindilla
– Bar Couceiro: anguía sobre tostas de masa de anguía acompañada con dúas cremas
– Cafetería Auditorio: anguía guisada con horta e mar
– Praia fluvial de Vilarello: empanada de anguía tradicional
As tapas sírvense de xeito gratuíto coas consumicións.
O apartado de concurso desenvólvese durante esta primeira fin de semana. Durante os días 21 e 22 os clientes dos bares participantes poden votar pola súa tapa favorita e entrar no sorteo de dez vales de compra de 30 euros para gastar no comercio local.
Por voto popular outorgaranse tres premios ás tres mellores tapas: Mandil de Ouro, Prata e Bronce. Ademais, un xurado profesional outorgará un premio único á mellor tapa e esta servirase na Festa da Anguía do vindeiro ano. Durante a fin de semana do 28 e 29 de agosto continuará a degustación das tapas nos locais.
Alerta