29 septiembre, 2021
Estes días estanse a levar a cabo as obras de mellora no Pavillón Municipal de Sisán.
Concretamente, as actuacións previstas van encamiñadas á solucionar os problemas de filtración de augas que actualmente sofre a instalación. Estes traballos consisten na reparación e limpeza integral dos elementos sensibles da cuberta, (canalóns, baixantes e remate de cumbreira).
Deste xeito, contémplase a reparación e selado de canalóns e baixantes, a reparación de cumbreiras, o subministro e montaxe de chapa e remate de cuberta e, finalmente, o selado e repaso de ancoraxes en remates perimetrais.
As obras contan un orzamento de 6.655,91 € (IVE incluído), e están cofinanciadas nun 70% pola subvención recollida na “Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladores, e se convocan subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos Municipais, destinadas a Concellos de Galicia para o ano 2021, de forma individual e mediante sistema de xestión compartida”, da Xunta de Galicia.
Estas melloras supoñen un esforzo máis do equipo de Goberno do Concello por investir no mantemento e conservación das instalacións Municipais para o desfrute dos usuarios e usuarias.
Alerta