O Concello inviste preto de 50.000 euros na mellora da accesibilidade á praia do Vao

Compartir

A praia do Vao gañará en accesibilidade cando rematen as obras de mellora que está a executar do Concello en todo o contorno do areal. O orzamento de actuación é de case 50.000 euros.

Abel Caballero deu conta esta mañá de que xa están a piques de rematar as obras de mellora e reparación de elementos da zona verde pública da praia do Vao. Cun investimento de case 50.000 euros, o obxectivo é recuperar o espazo degradado polo estado dos pavimentos, instalacións e mobiliario, así como mellorar a accesibilidade.

Concretamente, creáronse dúas ramplas de accesibilidade para a xente que cruza a estrada de Canido, cara á Toralla, rebaixáronse pasos de peóns, reparáronse pavimentos e creáronse novos sumidoiros, repuxéronse bolardos e bancos, así como o paseo de madeira do areal do Vao, mellorando a súa accesibilidade. As actuacións complétanse co acondicionamento da ducha de Fontaíña e coa colocación de varandas de aceiro inoxidable nas escaleiras de baixada á devandita praia.

Achegas de emerxencia

Desde o inicio da pandemia, o Concello outorgou un total de 15.003 axudas de emerxencia, por un montante de 2,3 millóns e 45.009 beneficiados. Tal e como explicou o rexedor, na última comisión concedéronse 122 achegas, por importe de 19.231 euros.