O Concello de Vigo realizará as tarefas de seguridade para reabrir a praia de A Manquiña

Compartir
Wikiloc

Os traballos consisten na retirada de 9 eucaliptos con risco de caída e acoutar a zona de pedras cuns postes de madeira para garantir a seguridade.

O Concello recibiu a autorización do Servizo Provincial de Costas para a realización dos traballos de seguridades necesarios na praia de A Manquiña para que volver abrir ao público “con celeridade”.

O rexedor anunciou que os traballos para garantir a seguridade inclúen a retirada de 9 eucaliptos en risco de caída e acoutar a zona de pedras cuns postes de madeira. O importe ascende a 1.727,80 euros.

Abel Caballero amosou a súa satisfacción pola retirada da praia de A Manquiña da Delimitación de Usos Portuarios que propoñía o Porto de Vigo. O alcalde cualificouno de “idea peregrina” e insistiu no rexeitamento dos recheos na ría