O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño traballa para conseguir un instituto máis inclusivo

Compartir
Directora do IES presentando o proxecto. Fonte: Concello

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares o alumnado de 4º de ESO organizou un acto, no que presentou o traballo “A escola inclusiva en Tomiño onte e hoxe”.

 

O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño quere ser máis inclusivo. Con este fin, o alumnado está traballando arreo a través de distintos proxectos.

Para conmemorar o día das bibliotecas escolares o alumnado de 4º de ESO organizou un acto, no que se presentou un traballo realizado o ano pasado titulado “A escola inclusiva en Tomiño onte e hoxe”.

 

IES Antón Alonso Ríos. Fonte: Concello

 

Así, o alumnado, acompañado da directora do centro, Cruz Garrido, puido explicar pormenorizadamente a labor levada a cabo, ante un auditorio no que estaban tamén o inspector de zona, Antonio Estévez; o asesor de bibliotecas escolares de Galicia, Francisco Díaz; a alcaldesa, Sandra González, a concelleira de Educación, Cristina Martínez; o presidente da Anpa, Javier Besada, e a asesora do Centro de Formación e Recursos de Vigo, Isabel Nuevo.

 

IES Antón Alonso Ríos. Fonte: Concello

 

Seguidamente, presentouse un vídeo resumo do proxecto, con catro apartados. No primeiro estudáronse as escolas indianas e a súa labor inclusiva, con especial referencia á labor educativa de Alonso Ríos, en defensa da educación pública. A biblioteca quixo implicarse na reedición do libro “O Siñor Afranio. Ou Como Me Rispei Das Gadoupas Da Morte” de Antón Alonso Ríos, resaltando ademais a súa faceta de mestre en Tomiño.

Na cinta reflectiu en 2º lugar o traballo de investigación realizado polo alumnado comparando as escolas dos seus avós coa actual; amosando as conversas cos avós e avoas, contacto interxeracional moi necesario durante a pandemia.

Un 3º apartado, sobre a formación recibida en temas de bibliotecas inclusivas e creativas, así como en orientación para a selección de lecturas inclusivas. O alumnado explicou conxuntamente co  departamento de orientación, como se desenvolve a atención á diversidade desde unha óptica inclusiva; a mediación para resolver conflitos, etc.

Por último, o alumnado realizou unha mostra divulgativa de lecturas inclusivas que se difundiron polas redes sociais, (poemas, contos, etc.), sobre temas como a diversidade, os cambios, a familia, a natureza, as ciencias naturais, os animais, etc.

Ao final do acto fíxose entrega de diplomas aos voluntarios do programa de bibliotecas solidarias 2020-2021.