O Marín Gaming Fest abrirá as súas portas este sábado no Pavillón da Raña

Compartir
Marín Game Fest. Fonte: Concello

Xa están dispoñibles todos os horarios dos torneos, que se celebrarán entre o sábado e o domingo. Tamén haberá batalla de freestyle na Alameda.

 

 

Os apaixoados dos videoxogos terán unha cita imperdible esta fin de semana no Pavillón da Raña. O sábado 6 e o domingo 7, a instalación deportiva acollerá varios torneo dalgúns dos xogos máis populares na actualidade, así coma un concurso de cosplay e varios stands de artistas relacionados co mundo gamer.

O evento, organizado polo Concello de Marín e a Asociación Gaming Troop, arrancará ás 11.00 horas co torneo de Super Smash Bro Ultimate e cun premio de 150 euros para o gañador. A partir das 16.00 horas, será a quenda para o Fortnite, cun premio de 50 euros.

O sábado ao remate do evento, cerca das 19.30, a diversión e a cultura trasladaranse á Alameda, coa celebración do Best Hit Battles, o evento de batallas de freestyle organizado en colaboración co grupo marinense BhB Edition, e no que participarán os 32 freestylers máis importantes de Galicia neste ámbito. En caso de chuvia, o evento moverase ao Pavillón da Raña.

Xa o domingo, a xornada comezará ás 11.00 horas, coas semifinais do torneo de League of Legends, do que se está a desputar a fase previa online desde o 25 de outubro ata mañá, día 4. Neste caso, o premio ascenderá a 250 euros. Ás 12.00, haberá unha charla sobre o fenómeno cosplay a cargo de Lowell, (@luscofuscocosplay).

A partir das 16.00 horas, o torneo de Fifa será o protagonista e xogarase un premio de 50 euros. Enlace de inscripción aos torneos: https://linktr.ee/gaming_troop

Pechará a xornada o Concurso de Cosplay, que se iniciará ás 17.00 horas. No concurso, poderase participar de forma individual ou conxunta e pode ser con actuación ou só en modalidade pasarela.

A confección, xa sexa textil ou de armaduras, será o que máis valore o xurado, conformado pola cosplayer encargada da charla da mañá, Lowell e Sandra Garo (@unskilledprojects), ademais de por unha persoa da organización. A inscrición para este concurso estará aberta ata as 15.30h do propio día 7. As bases e o formulario para anotarse poden consultarse aquí:
https://gamingtroop.es/wp-content/uploads/2021/09/COSPLAY-Marin-Gaming-Fest.pdf

 

Stands de artistas

Por outra banda, o evento contará con stands de artistas locais relacionados co mundo do gaming. Estes artistas serán os que coloquen un stand:

• Rou Rodas (@rourodas)
• Eternalverse Games (@eternalversegames)
• Chuco Anxo (@chuco_anxo)
• Diomond (@diomond.is.art)
• Saraiva Beauty (@saraivabeauty.artesanal)
• Angyreimi (@angyreimi)
• Yumi Vigo Art (@yumivigoart)
• El taller de Puri (@purisworkshop)
• Recuncho Máxico (@recunchomaxico)
• Maora (@maora_art)
• Tai (@taippen)
• Reluc Brainstorm (@reluc_brainstorm)
• Luchi (@luchichufer)
• Antikachu (@tuvecina_antikachu)
• Aznir (@whinquiver)
• Gáidil (@gaidilbueu)