23 octubre, 2021
As políticas provinciais para que as vilas termais sexan destinos atractivos para o turismo 5.0, e o turismo multiexperiencial e familiar son pioneiras en toda España.
A Deputación de Pontevedra ven de participar no Encontro de Vilas Termais en Baños de Montemayor, (Cáceres), organizado pola FEMP, onde se puxo de manifesto o enorme potencial termal da provincia como actividade sostible xeradora de emprego e desenvolvemento local, amais da súa enorme capacidade de atracción para o turismo.
A deputada Ana Laura Iglesias participou na mesa redonda “Villas termales como motor de desarrollo contra la despoblación” xunto con Manuel José González Andrade, deputado de Turismo da Deputación de Badajoz, Miguel Pérez Grande, Vocal Asesor de la Dirección General de Políticas contra la Despoblación, e Carlos Yubero, presidente da Asociación Balnearios de Extremadura.
As e os participantes do encontro puideron coñecer de primeira man as políticas implementadas pola Deputación de Pontevedra para que as vilas termais da provincia se convertan en destinos atractivos para o turismo 5.0, baseadas nas novas tecnoloxías e na sustentabilidade.
De feito, na súa intervención, a responsable provincial de turismo detallou o ambicioso proceso de dixitalización no que a institución está inmersa que permitirá non só mellorar a competitividade dos destinos como modelo de negocio, senón tamén convertelos en destinos mais sostibles, apostando polo impulso de ferramentas de xestión dixitais que permitan dende o control de consumos de enerxía e auga ata estudo de datos de clientes ou márketing en liña. A execución do proxecto TOURIST INSIDE, que contempla a dixitalización da rede de oficinas de Turismo INFO RÍAS BAIXAS, onde están incluídas as oficinas das vilas termais adheridas, é un exemplo de esta boa practica.
Tendo en conta, ademais, que as persoas que viaxan neste século XXI xa non se moven por factores materiais senón por desexos, experiencias, motivacións e emocións, se puxo en valor que na estratexia provincial para o turismo termal se teñan establecido accións complementarias e paralelas, como a aposta por produtos innovadores cargados de vivencias e emocións. Exemplo de elo é a promoción do Camiño de Santiago Multiexperiencial, onde o termalismo xoga un papel protagonista, en concreto no Camiño Portugués onde é posible gozar das propiedades mineromedicinais das augas de Tui, Caldas de Reis ou Cuntis.
Xa por ultimo, destacouse o traballo feito polo Deputación de Pontevedra, nun momento no que o ecoturismo e o turismo saudable cobran máis auxe que nunca, pola súa aposta por orientar a promoción aos plans de familia, orientando as campañas e segmentando ao público ofrecendo novas opcións para o turismo familiar.
Alerta