O Partido Popular de Arbo presenta unha moción ao pleno para a rebaixa do prezo da luz

Compartir
Concello de Arbo. Fonte: Concello

O Partido Popular de Arbo presenta unha moción ao Pleno da Corporación, para instar ao Goberno de España para a adopción de medidas para a rebaixa do prezo da Luz.

O pasado 27 de setembro o Pleno de Arbo, aprobabase con votos a favor do grupo político do PP e abstención do grupo político Agrelar, aprobación da moción para a rebaixa do prezo da luz.

 

 

Ante a inquedanza trasladados por veciños e veciñas de Arbo, o partido popular de Arbo presentaba unha moción para instar ao goberno de España a adopción de medidas para a rebaixa do prezo da luz.

Nas primeiras semanas do ano 2021 o sistema eléctrico experimentou un encarecemento substancial dos prezos. O pasado 1 de xuño entraba en vigor o novo modelo de factura eléctrica para os case 11 millóns de consumidores Españois acollidos ao PVPC ,(Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor). Daquela o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico animaba aos consumidores a trasladar o consumo de enerxía eléctrica das horas punta aos tramos chan e val, (os de menor demanda).

Unha subida desbocada do megavatio hora que impacta de maneira moi especial nos colectivos máis vulnerables, aumentando o risco de pobreza enerxética, e naqueles autónomos, pemes e empresas que non teñen capacidade para adaptar a súa actividade aos novos tramos horarios, e do que o Goberno de Arbo, estase facendo eco a través das queixas dos arbenses e aos que con esta moción queren mostrar o seu apoio

No acordo plenario do pasado 27 de setembro de 2021 cos votos a favor do PP de Arbo e a abstención do Grupo Agrelar, o Concello de Arbo insta ao Goberno de España a eliminar o tipo de gravame do Imposto sobre o Valor da Produción de Enerxía Eléctrica do 7%, modificando a Lei 15/2012, de 27 de decembro de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética; a modificar a Lei 24/2013, do Sector Eléctrico para que, entre outros aspectos, determinados custos regulatorios que se trasladan á factura eléctrica, (débeda do sistema eléctrico e custos extrapeninsulares,) sexan financiados integramente con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado; a modificar a Lei 37/1992, do Imposto sobre o Valor Engadido para facer permanente a rebaixa do IVE da electricidade do 21 ao 10%, a impulsar o descenso da factura eléctrica a través da revisión dos tramos horarios, a ampliar o dereito de poder acollerse ao Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor, (PVPC) ata potencias que iguais ou inferiores a 15 KW para o consumidor doméstico, co fin de facilitar o acceso ao Bono Social Eléctrico e, a loitar contra a pobreza enerxética entre os consumidores máis vulnerables, establecendo axudas específicas para o pagamento de facturas e asumindo o 100% dos custos, para evitar o corte da subministración eléctrica.

Polos servizos municipais do Concello de Arbo, xa foron trasladadas nesta semana o acordo ao Goberno de España.