O Sons da Canteira celébrase cun sold out

Compartir
Verto

A segunda edición do festival Sons da Canteira amenceu cun sold out. Todas as entradas vendidas para ver a Verto, Pongo, Boyanka Kostova, Mounqup, a DJ Teresa Ferreiro e Os Penediños de Atios na canteira en restauración de Vilafría, en Atios, O Porriño.
O público comezou a chegar ás 18:00 horas do sábado ao anfiteatro natural da canteira que acolleu ao longo da tarde-noite o festival de música.
Tradición e modernidade segue a ser a máxima do festival Sons da Canteira, que aposta polo talento galego e tende pontes coa lusofonía.
O cartel deste ano estivo formado polo folklore africano e o dancehall da lisboetaPongo, co seu único concerto en España, o flow costumista de Boyanka Kostova, o trap de Verto, os sons eclécticos de Mounqup, que estrea espectáculo no Sons da Canteira, os sets transversais da DJ Teresa Ferreiro e o grupo local de danza Os Penediños de Atios.
O festival reivindica o seu compromiso coa cultura galega emerxente e arriscada e que abre pontes co máis efervescente dos ritmos e músicas de orixe lusófona