O “Torneo de Tenis Concello de Ponteareas” volve á pista o vindeiro venres

Compartir
Torneo de Tenis. Fonte: Concello

O Concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, destaca o traballo do Club Tenis Ponteareas na educación deportiva da vila

O tenis é o deporte protagonista do inicio do mes de setembro 

 

O Club Tenis Ponteareas, en colaboración co Goberno local, organiza entre o vindeiro venres día 3 e o domingo 12 de setembro o “Torneo de Tenis Concello de Ponteareas”, un evento destacado na tradición deportiva da vila que acada xa a súa duodécima edición.

 

Cartel Torneo. Fonte: Concello

 

O Concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere dar os parabéns ao Club polo seu “gran traballo polo deporte, e a educación en valores que promove o tenis”. “Teñen unha gran traxectoria inculcando a nenas e a nenos a importancia do esforzo, da paixón, ou da superación”, destaca o edil.

No torneo competirán deportistas das categorías infantil, alevín, cadete, absoluto, e veteranos. Todas e todos os finalistas e campións recibirán un trofeo pola súa actuación durante o evento.