7 septiembre, 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá unha actuación de emerxencia para a substitución da drenaxe do conxunto arqueolóxico da praza de Valentín García Escudero
A empresa responsable do Ciclo da auga, Viaqua, comprobou a existencia dun problema de drenaxe tanto de augas pluviais como de soterrada, (especialmente da procedente das mareas), que non se evacúa do conxunto arqueolóxico.
Ante a posibilidade de que estas augas produzan danos nas estruturas conservadas, o Concello acordou a substitución inmediata da rede de drenaxe para eliminar as augas estancadas, tanto para evitar problemas de salubridade, como para evitar a perda do valor no patrimonio histórico.
O importe desta actuación, que realizará a empresa Viaqua, é de 10.881,51 euros e o prazo de execución de 1 mes.
Alerta