3 agosto, 2023
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, asistiu onte á inauguración do VIII Festival Intercéltico ‘O Son do Pazo’ no Pazo de Mos, xunto á Alcaldesa Nídia Arévalo.
A vicepresidenta provincial destacou que “en 8 anos esta cita consolidouse como unha das maiores e máis importantes da música tradicional” e felicitou á organización por ser un exemplo “do importante que é manter vivas as tradicións e de como desde o ámbito local se pode ofrecer unha programación diversa e de calidade”. Fernández-Tapias garantiu que a Deputación de Pontevedra “vai estar ao carón de quen apostades polo impulso e a promoción da cultura, porque para este goberno a dinamización cultural será un dos principais eixes de traballo e é, ademais, unha aposta miña persoal”.
Alerta