Os alumnos do Labora Xove 20 rematan a súa formación cos cursos de pilotaxe de drons e poda en altura

Compartir
Poda altura. Fonte: Concello

16 mozos e mozas participaron na iniciativa de promoción de emprego.

Promovida polo Concello de Vilagarcía e desenvolvida nos últimos 12 meses.

 

O obradoiro de emprego Labora Xove 20 remata a vindeira semana o proxecto formativo impartindo as dúas últimas prácticas aos participantes. Neste último tramo, os alumnos da especialidade de “Socorrismo acuático e goberno de embarcacións de salvamento” realizaron un curso de pilotaxe de drons, mentres que os do módulo de “Instalación e mantemento de zonas verdes e aproveitamento forestal” formáronse en labores de poda en altura. Deste xeito, os 16 mozos e mozas participantes no obradoiro completaron os 12 meses de formación teórico-práctica ofertada polo Concello de Vilagarcía para a obtención dos correspondentes certificados de profesionalidade que lles permitan mellorar as súas condicións de empregabilidade e facilitarlles a incorporación ao mercado laboral.

O alumnado de socorrismo realizaron a semana pasada en Lalín as prácticas do curso oficial de Piloto Profesional de Drons, (STS), incluído no programa formativo do obradoiro, co obxectivo de aplicar este recurso ás labores de vixilancia en praias. Pola súa banda, o alumnado do módulo de xardinería practicou na finca municipal de Pinar do Rey labores de trepa, apeo de árbores con motoserra e utilización de asteladora. A maiores da formación teórica e práctica, os alumnos tamén executaron diversas obras de interese social incluídas no proxecto.

O obradoiro promovido polo Concello de Vilagarcía de Arousa e que se inclúe no Programa Operativo de Emprego Xuvenil financiado a través do Fondo Social Europeo, comezou a impartirse o 2 de novembro de 2020 e tivo unha duración de 12 meses.