20 octubre, 2021
Poderá disfrutar do novo espectaculo de sensibilización lingüistica o 23 de outubro no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo ás 18:00horas
Coma sempre, a entrada e libre e gratuita ata completar a capacidade dos espazos programados dacordo o protocolo COVID
Falaredes e un programa de dinamización da Lingua galega da Secretaria Xeral de Política Lingüística para os Concellos que como Arbo están adehrido a Redes.
O Concello de Arbo de Arbo, ven de poñer en marcha a actividade cultural para ir facendo camiño a nova normalidade con actividades adaptadas sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.
Dentro da programación programada para o Outono Cultural do ano 2021, ten programada a actuación dos Bolechas co titulo “OS Bolechas Fan o Camiño Marciano”, o vindeiro día 23 de outubro ás 18:00 horas no Auditorio d Centro Multiusos de Arbo.
Como sempre a entrada e gratuita ata completar aforo e obrigatorio o uso de mascarilla e as demais recomendación recollidas no protocolo COVID.
A actividade esta encadrada no programa de dinamización da Lingua galega da Secretaria Xeral de Política Lingüística “Falaredes”, ao que esta adherido o Concello de Arbo.
Dende o Concello de Arbo, solicitamos colaboración dos asistentes, para que se cumpran todas as medidas COVID para o evento, que os nenos e nenas participantes vaian acompañadas por un adulto, que en todo momento se utilice a mascarilla e que se cumpra coas indicacións dadas polos voluntarios e colaboradores do Concello de Arbo, encargados de supervisar e facer cumprir os protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias durante toda a actividade.