Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña reuníronse con representantes das formacións deportivas de Marín

Compartir

Concello e clubs deportivos ultiman detalles para a organización das Escolas Deportivas Municipais

Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña reuníronse con representantes das formacións deportivas interesadas en participar no programa, que se presentará o próximo 10 de setembro.

Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña mantiveron esta semana unha reunión de traballo e coordinación cos clubes interesados en participar no programa de Escolas Deportivas Municipais 2021-2022 do Concello de Marín.

A reunión, que tivo lugar na Biblioteca Municipal, serviu para pechar detalles coas formacións deportivas, de cara á presentación oficial do programa, prevista para o 10 de setembro e que se adaptará as circunstancias sanitarias, espallando por
distintos puntos da vila as exhibicións das distintas disciplinas que se ofertan.

En total, son 23 as opcións deportivas que poderán escoller os nenos e nenas de Marín de entre 5 e 14 anos: atletismo, baloncesto, boxeo, tenis, fútbol, fútbol sala, ciclismo/btt, piragüismo, vela, judo, natación, patinaxe, remo, taekwondo, axedrez, ximnasia rítmica, artística e acrobática; triatlón, pilates, hip hop, waterpolo, bádminton, padel e tenis de mesa.
Manterase igualmente o custe de 50 euros anuais como prezo para poder participar na actividade. A data de inicio das Escolas Deportivas será o 4 de outubro coa incorporación progresiva de cada unha das modalidades.