Ponteareas convoca a terceira edición do “Ponteareas, Lingua e Empresa”

Compartir
Concello de Ponteareas. Fonte: Concello

Un premio que recoñece ás empresas e autónomos que usan a lingua galega na súa actividade económica.

Este recoñecemento parte das concellarías de Promoción Económica e de Lingua, que dirixen Eva Gil e Fernando Groba respectivamente, coa intención de promover o uso da lingua galega na actividade económica da vila, estender o seu uso nas relacións laborais, comerciais e empresariais, e eloxiar publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector.