21 septiembre, 2021
O Concello de Salvaterra de Miño ven de rematar a obra de reparación do valado da pista polideportiva do Parque Público A Canuda. Deste xeito, a pista luce unha imaxe máis rexuvenecida e segura para a práctica deportiva.
Por outra banda, tamén están a rematar as obras na zona da piscina, onde se está cambiando o peche perimetral, as aceras e procederase a replantar toda a zona de herba, obra que confiamos se a situación sanitaria o permite, poidamos desfrutar para o próximo verán…
Antes de final de ano procederase á instalación de tres plataformas de “skate” na zona do foso, para completar un espazo moi utilizado por numeroros rapaces e rapazas.
Para rematar, se procederá tamén a cambiar a rede que rodea as pistas de tenis, modernizando a contorna deportiva de toda a zona e lucindo unha imaxe renovada e práctica.
Alerta