Un ano máis a Festa do Viño do Condado do Tea presenta os seus concertos

Compartir

Un ano máis a Festa do Viño do Condado do Tea presenta os seus concertos, que por motivos das medidas COVID se desplazan á Praza do Concello.

Cine e música da man da Banda Crebinsky en Salvaterra

Dentro dos concertos da Festa do Viño mañán venres chega a Salvaterra de Miño a Banda Crebinsky, unha pequena orquestra popular nacida do universo imaxinario da película do mesmo nome e que se atopan en plena celebración dos 10 anos da súa estrea.

Por este motivo antes do concerto da banda e fora do programa anunciado a pélícula Crebinsky dirixida por Enrique Otero e protagonizada polos actores Miguel de Lira e Sergio Zearreta será proxectada na Praza do Concello ás 21:30 h. Ao remate da mesma comezará a actuación da banda que fará un repaso aos seus tres discos publicados.

A Banda Crebinsky, gañadores en tres ocasións do Premio Martín Codax da Música está formada polo propio director da película Enrique Otero, o actor e cantante Sergio Zearreta, o compositor da banda sonora Pablo Pérez, Xacobo Lamas, Pablo Carrera, Vadim Yukhnevich, Miguel Queixas e Fernando Abreu., e que están en Salvaterra gracias ao programa Xacobeo da Xunta de Galicia

O sábado ás 22.30h poderemos deleitarnos da música de SUSANA SEIVANE a través do programa musigal da Deputación de Pontevedra.

E o domingo pecharemos a programación da Festa do Viño co concerto de A RODA ás 22.00h, concerto financiado polo Xacobeo da Xunta de Galicia