Xaxán volverá acoller o mellor ciclocross internacional

Compartir
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro Antonio Caíña,
presentaron o Club de Ciclocross XSM, composto por unha
decena de deportistas de distintas categorías.
Ao evento deste domingo acudirán profesionais de países como Holanda, Bélxica ou Alemaña.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, acompañada do concelleiro Antonio Caíña, presentaron oficialmente o Club de Ciclocross XSM, cunha decena de deportivas pertencentes a distintas categorías.
Ademais, a presentación do club serviu para facer público tamén o evento Ciclocross Internacional Xaxan, que se celebrará o domingo no lugar de Xaxán (preto do Lago Castiñeiras), unha proba internacional de categoría C2 e no que participarán centos de deportistas procedentes de diferentes países coma
Holanda, Bélxica ou Alemaña.
Así, Marín recupera a celebración dunha das probas de carácter internacional máis interesantes do calendario do ciclocross galego.